BVG Atrás Índice de Páxinas |
Saudades gallegas |
||
"Salayos d'unha nai" |
m5vlsaudadesgallegas018.html
[p. 115]
SALAYOS D'UNHA NAI.
Cando a fúlxida luz d' o sol morria,
ou cando viña a luz d' o novo dia,
tremborosa chegaba ô pé d' o altar,
pra lle pedir á virxen d' os Delores
q' o fillo qu' era iman d' os meus amores
viñese pr' o seu lar.
Cando ô morrer a tarde n-as cañadas,
n-os montes e n-o val as bateládas
resoaban d' o toque d' oracion,
ou n-as fogaxes d' a alborada, cando
soaban as campás repinicando,
por él roguei a Dios.
[p. 116]
De rodillas n-as lousas d' a eremida
en súpricas d' amor pasei a vida
chea de fé, d' espranzas e d' afan,
non viña dia que á rezar non fôra,
y-a negra noite, o lumiñar d' aurora
víronme sempre igual.
Diante d' aquela virxen delorosa,
nai a mais grande, nai a mais chorosa
q' o morto fillo n-o seu colo ten,
xemendo e con bagullas lle pedia,
que o fillo, miña santa idolatria,
m' o trouxese con ben.
¡Cántas veces, namentres n-as romaxes
postal-as mais con churrusqueiros traxes
gozaban d' os praceres d' a funcion,
eu soliña por él loito vestindo,
car' o sagrario camiñei sintindo
morrer o curazon!
¡Cántas â Virxen n-a solénia calma,
muda, pero falándolle n-alma
[p. 117]
e pondo os ollos n-ela lle pedin,
que aquel filliño tan chorado agora
sano, feliz e probe como fora
volvése pr' onda min!
¡Mais non volveu! N-aquel país ardente
que pr' a gallega xuventú presente
mais atraucion q' a d' os abismos ten;
n-aquela sepultura nunca chea,
n-aquel monstro famento, n-a siréa
d' o mar d' o noso eden;
N-aquela terra, ¡ay Dios! q'a sangre nosa
fixo forte bellida y-abondosa,
n-as malditas Amérecas, morreu...;
como cantos pr' aló marchan, ¡probiño!
salús, vida, porvir, páis e cariño,
todo... tod' o perdeu.
Eu tamen o perdin, tamen coitada,
sin agarimo, sola esconsolada,
vella enganida, síntome morrer:
[p. 118]
non terei unha man que compasiva
me cerre os ollos, nin quen mentras viva
faga por me sostér.
Rôla viuda son, que pol-o vento
lembrando vai ó croel esquecemento,
y-os salayos que ten n-o corazon,
alma que vive en pena n-esta vida,
nave n-as augas d' o delor perdida,
xardin sin froles son.
Inda parés q' o teño n-o meu colo
dándolle bicos en suave arrolo,
e non podo creer que xa o perdin...
¡que negra e fera foi a sorte miña!
morreu... tamen eu morro... coitadiña...
¡coitadiña de min!
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |